A detección, análise e transferencia de Boas Prácticas constitúe o eixo fundamental de todas as estratexias de comunicación e é unha ferramenta esencial para a xestión pública e para o avance na consecución dos obxectivos da Política Rexional Comunitaria.
Toda actuación que responda aos seguintes criterios poderá ser considerada como Boa Práctica para todos os efectos:
O papel do FEDER na actuación foi convenientemente difundido entre os beneficiarios/ as, beneficiarios/ as potenciais e o público en xeral.
Deberase presentar todo o realizado para a comunicación da citada actuación.
A actuación incorpora elementos innovadores.
Haberá que destacar o carácter innovador da actuación, que pode estar vinculado ás metodoloxías, tecnoloxías ou procesos, aos servizos facilitados e as distintas ferramentas empregadas para poñela en marcha. Tamén se considerará a innovación respecto ao territorio ou ámbito de execución e ao público obxectivo.
Os resultados obtidos adecúanse aos obxectivos establecidos.
Destacaranse os principais obxectivos, facendo ver o valor engadido que supón o recibir fondos europeos, indicando se todos eles se cumpren e facendo fincapé en que tipo de actividades e resultados se poden atribuír ao proxecto: impacto en termos físicos, cuantitativos, cualitativos.
A actuación contribúe á resolución dun problema ou debilidade detectada no ámbito de execución.
É preciso describir a que problemática responde o proxecto presentado e como a súa posta en marcha favorece o desenvolvemento do territorio e/ou público obxectivo.
A actuación alcanza a gran parte da poboación á que vai dirixida.
Debe mencionarse o alcance, non só sobre os beneficiarios directos senón tamén sobre a poboación en xeral.
Cumpre cos criterios horizontais de igualdade de oportunidades e non discriminación, responsabilidade social e sustentabilidade ambiental.
Débese indicar como se aplicaron estes criterios na actuación correspondente.
A actuación ten sinerxías con outras políticas ou instrumentos de intervención pública.
Terase en conta se a actuación reforzou a actuación doutros fondos (rexionais, nacionais, europeos) e se contribuíu a potenciar os aspectos positivos dos mesmos.
Proximamente máis información
Proximamente máis información
Proximamente máis información
Proximamente máis información
Proximamente máis información
Proximamente máis información
Proximamente máis información