EDUSI, OPERACIÓN: OT.06_EU.6.5.2_L09

A zona vella de Ponteareas está a experimentar certo abandono, especialmente no que se refire á súa actividade comercial, o que acaba deteriorando máis a súa imaxe urbana. A operación persegue revitalizar a zona vella do Concello de Ponteareas e a súa actividade comercial, a través da mellora da rúa San Roque (tramo I) e a súa contorna urbana, ao converter esa rúa nun acceso peonil válido á Praza Maior, desde unha das zonas máis poboadas da cidade (Avenida de Castelao).

 

Recupérase para a veciñanza un viario urbano degradado e de moi difícil accesibilidade debido á súa elevada pendente. Unha rúa cun deficiente estado de beirarrúas e calzadas, na que compiten desordenadamente peóns e vehículos.

 

En concreto, as melloras na rúa San Roque abarcan:

  • Mellora da accesibilidade.
  • Mellora da seguridade dos peóns e dos accesos ás vivendas (dando prioridade aos peóns sobre os vehículos).
  • Mellora da imaxe urbana da rúa.
  • Mellora da funcionalidade dos espazos públicos.
  • Mellora das instalacións de saneamento e iluminación.
  • Separación de pluviais.

 

Case 65 Ha urbanas serán afectadas de forma directa (a propia rúa e as parcelas catastrais inmediatamente contiguas), e de forma indirecta toda a zona vella urbana.

 

A operación tamén inclúe actuacións concretas de comunicación para dar a coñecer a intervención e a importante achega dos fondos comunitarios (FEDER).

 

O investimento total da operación ascende a 188.719,18 euros e forma parte da EDUSI do Concello de Ponteareas, que se financia cos fondos FEDER no marco do Programa Operativo Pluriregional de España.