EDUSI OPERACIÓN OT.09_OE.9.8.2_L11

O  Concello de Ponteareas non conta con infraestruturas axeitadas e suficientes para dar resposta a problemas de aloxamento vinculados a emerxencias sociais. Debe acudir a hoteis, a alugueres privados, ou derivar a persoas e familias completas a outros municipios. Ademais, tampouco conta cunha solución  habitacional adaptada ás necesidades de mulleres que sofren violencia de xénero.

 

A operación promove a inclusión social e a loita contra a pobreza rexenerando 3 antigas vivendas de mestres en desuso, para responder a emerxencias sociais. Unha das vivendas está especificamente deseñada e dotada para albergar a mulleres que sofren violencia de xénero (e ás súas familias).

 

A rehabilitación mellora  enerxeticamente a vivenda con intervencións na envolvente (fachada, peches e tellados), mellora da calefacción, e intercambiadores mecánicos de aire co exterior.

 

As vivendas son edificios intelixentes, na medida que contan con  sensórica de control conectada directamente co  Concello de Ponteareas, que as xestiona a través dun software específico (control de consumos e de usos, emerxencias de auga e lume).

 

A vivenda deseñada para acoller a mulleres que sofren violencia de xénero conta con botóns de pánico e alarmas directas á policía e a outros servizos do  Concello de Ponteareas.

 

Adicionalmente, a operación inclúe actuacións específicas de comunicación dirixidas á participación da poboación.

 

O investimento total da operación ascende a 248.194,52 €, e forma parte da  EDUSI do  Concello de Ponteareas, que se financia cos fondos FEDER no marco do Programa Operativo  Pluriregional de España.

Aprobación da operación

Transacción