Avaliación

As Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostíbel e Integrado deben realizar unha avaliación do grado de consecución dos seus obxectivos. Esta avaliación levarase a cabo a través dunha serie de indicadores que establecen valores iniciais ou base e valores previstos para o ano 2023.

Indicadores de resultado

Están ligados a obxectivos específicos e miden o cambio previsto en relación a ditos obxectivos. Deben cuantificar un valor inicial de referencia e a evolución do mesmo cunha periodicidade como mínimo anual.

Indicadores de produtividade

Están ligados a prioridades de inversión e son directamente proporcionais ao gasto realizado. O seu valor inicial é nulo e van acumulando valor a medida que van desenvolvéndose as operacións.