L06 Implantación de sistemas de mobilidade urbana sostíbel e fomento da vida saudábel

A contorna da Rúa Redondela, unha das áreas de Ponteareas que concentra unha maior densidade de poboación residente, viviu un proceso de crecemento desordenado que exemplifica a falta de planificación urbana que houbo no pasado. Coa humanización deste ámbito búscase fomentar a mobilidade urbana sostible, mediante o impulso de medios de transporte amables co medio ambiente, como o desprazamento peonil ou o uso da bicicleta, así como a redución de emisións de CO2, mediante o desconxestionamento e redución do tráfico rodado, contribuíndo á mellora da calidade de vida e facilitando o acceso dende o centro urbano aos espazos verdes e de lecer próximos.

 

Para iso, adóptase un pavimento peonil adecuado segundo criterios de accesibilidade, amplíase o ancho preexistente das beirarrúas, complétanse os itinerarios peonís interrompidos, favorecendo o tránsito de persoas con mobilidade reducida, instálanse  aparcabicicletas e outros elementos de mobiliario urbano que contribúen á recuperación do espazo de tránsito e estancia por parte das persoas, increméntase o número árbores, elimínanse ao redor do 20% das prazas de aparcamento preexistentes e reordénanse os sentidos de circulación, tanto na rúa como noutras adxacentes, para reducir o tránsito de paso e de axitación. Adicionalmente, fíxase o límite de velocidade máximo do ámbito en 20 km/ h.

 

Unha vez finalizadas as actuacións de humanización previstas, realizaranse medicións de datos do tránsito de vehículos e peóns, para comprobar a evolución dos devanditos parámetros. Adicionalmente, executaranse accións específicas de comunicación para dar a coñecer a intervención, e a importante achega dos fondos comunitarios (FEDER).

 

O investimento total ascende a 621.914,23 € e forma parte da  EDUSI do  Concello de Ponteareas, que se financia cos fondos FEDER no marco do Programa Operativo  Pluriregional de España.

Aprobación da operación