EDUSI, OPERACIÓN: OT.06_OE.6.5.2_L08

O eixo que comprende a contorna da Praza de Bugallal e a súa conexión a través da Praza da Música co tramo da rúa Doutor Fernández Vega, entre o Auditorio e a Praza de Abastos, conforma un dos núcleos centrais do centro urbano de Ponteareas. A intervención para a transformación destes espazos exponse como un conxunto de actuacións que permitan o desenvolvemento dun corredor verde que transcorra polo núcleo central e conecte co patrimonio natural periférico, que recupere para a cidadanía o espazo público, que rehabilite os chans e mellore a contorna e o medio ambiente urbano en todas as súas vertentes e que incremente o número de vexetación existente, xerando así un ámbito espacialmente atractivo e revitalizado que poña en valor o patrimonio arquitectónico e urbanístico do espazo.

 

Entre as actuacións levadas a cabo destacan: adopción de pavimentos atractivos que atendan a criterios de accesibilidade, sustentabilidade e protección ambiental; a implementación dun sistema de plataforma única (prioridade peonil); a instalación de mobiliario urbano integrado e coherente coa contorna rehabilitada, xerando zonas de estancia para a cidadanía; e o incremento do número de árbores e zonas axardinadas. Complementariamente, lévanse a cabo actuacións de reordenación do tráfico nas rúas próximas e de mellora das instalacións de saneamento, recollida de pluviais, electricidade e telecomunicacións. Aproximadamente, rehabilítanse de forma integral un total de 52,10 Ha de chans urbanos.

 

Adicionalmente, lévanse a cabo actuacións de comunicación para dar a coñecer a intervención e a importante achega dos fondos comunitarios (FEDER), contado coa participación activa da cidadanía de Ponteareas. O investimento total da operación ascende a 966.949,52 € e forma parte da EDUSI do Concello de Ponteareas, que se financia cos fondos FEDER no marco do Programa Operativo Pluriregional de España.

Aprobación da operación